Óscar á Mellor Película Estranxeira.
León de Prata no Festival de Cine de Venecia.
Nastro d’Argento á Mellor Película e Mellor Dirección.
Un pequeno circo percorre Italia facendo escala en pequenos pobos. Os membros deste circo ambulante son a inocente e desamparada Gelsamina, que fai de comparsa do bruto Zampanó e o funámbulo El coco. Zampanó fai o seu traballo rutineiramente e sen convicción, mentres que Gelsamina cumpre a súa parte, aínda que sexa a menos favorecida, con ilusión e entrega. Mentres que o feliz funámbulo conseguirá finalmente que a desgraciada Gelsamine tome conciencia do seu estado de submisión con respecto a Zampanó. Zampanó e El coco pelexan e este último morre. Gelsamine cae nunha profunda depresión e é abandonada por Zampanó.