La teta asustada


Sección: 
Sección Oficial
Día e hora: 
Luns, 21 Setembro, 2009 - 23:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
La teta asustada
País: 
España - Perú
Ano: 
2008
Duración: 
94 minutos
Director/a: 
Claudia Llosa
Guión: 
Claudia Llosa
Montaxe: 
Franck Gutiérrez
Música: 
Selma Mutal
Fotografía: 
Natasha Braier
Reparto: 
Magaly Solier (Fausta)
Reparto: 
Susi Sánchez (Aída)
Reparto: 
Efraín Solís (Noé)
Reparto: 
Marino Ballón (Tío Lúcido)
Reparto: 
Antolín Prieto (Hijo de Aída)
Outros datos de interés:

Conseguiu o Oso de Ouro á mellor película e o premio da Fipresci no Festival de Cine de Berlín.

Sinopsis:

Fausta ten a teta asustada, unha enfermidade que se transmite polo leite materno das mulleres que foron violadas ou maltratadas durante a guerra do terrorismo no Perú. A guerra acabou, pero Fausta vive para recordala porque “a enfermidade do medo” rouboulle a alma. Agora a súbita morte da súa nai obrigaraa a afrontar os seus medos e o segredo que oculta no seu interior: ela introduciu unha pataca na vaxina, como escudo, coma un protector, e pensa que así ninguén se atreverá a tocala.

Dirixe Claudia Llosa Bueno (Lima, Perú, 1976), que estudou Ciencias da Comunicación na Universidade de Lima (1998), e máis tarde realizou un Máster de Guión de Cine e TV na Escola Superior de Artes e Espectáculos TAI, Madrid, España (2001). Ao longo dos anos, traballou en publicidade e televisión para empresas peruanas e estranxeiras, ata que incursionou no cine con Madeinusa (2005), a súa ópera prima. Tamén é autora da curta Seeing Martina (2004). É sobriña do escritor Mario Vargas Llosa.