Conseguiu o premio do público no Festival de Cine de Sundance e o Waldo Salt ó mellor guión.
Presentouse no Festival de Cine de Xixón, fóra de concurso.
Houbo un tempo no que Stanley Phillips tiña claro como sería a súa vida: soñaba con alistarse e estaba destinado a facer carreira no exército. O seu sono estivo preto de cumprirse, pero viuse truncado debido á súa miopía. Agora atende ós clientes dunha tenda de produtos do fogar mentres que a súa muller, sarxento, combate na guerra. Igual de torpe na casa ca no traballo, Stanley encárgase das súas fillas, Heidi e Dawn, de 12 e 8 anos. Aínda que as quere, é incapaz de asumir un papel máis afectivo e as nenas botan moito de menos á súa nai. Mentres soporta o seu traballo e pelexa coa paternidade, recibe a nova da morte da súa muller. El mesmo non sabe como afrontalo e vese incapaz de contárllelo ás súas fillas. Desesperado por retrasar o momento de dicírllelo, embarca con elas nunha viaxe improvisada por estrada para darlles os seus últimos momentos de inocencia. Stanley revela o seu lado máis doce mentres viaxan ó destino escollido por Dawn, o parque de atraccións Xardíns Encantados. Cuanto máis se afastan da casa, máis se estreita a súa relación, pero Stanley sabe que ten que afrontar a tarefa inevitable de cambiar as súas vidas para sempre.
É a primeira longametraxe dirixida por James C. Strouse (Goshen, Indiana), autor do guión de Lonesome Jim, dirixida por Steve Buscemi. É tamén escritor de relatos curtos e debuxante de tiras cómicas. As súas historias apareceron en Nerve.com e na revista literaria de Nova York Open City.