Presentouse na Sección Oficial do Festival de Cine de Cannes.
Xulia é acusada da morte de Nahuel e ingresada na unidade penal onde se aloxan as reclusas nais e embarazadas. Mentres espera a que naza o seu fillo, ve pasar os días, abstraída e allea. Dúas mulleres incorpóranse á súa vida: Marta, unha compañeira de reclusión que xa criou dous fillos dentro do cárcere e que se converte en guía e conselleira; a outra é Sofía, a súa propia nai, un personaxe ambiguo co que Xulia se reencontra despois de moitos anos. Sofía trata de reparar os errores do pasado, axuda á súa filla, contrátalle un bo avogado, lévalle roupa para o bebé e pouco a pouco restablece a relación con Xulia. A causa xudicial pola morte de Nahuel ten dous posibles culpables: Xulia e Ramiro, que o día de autos se atopaban xunto ó corpo sen vida de Nahuel (Ramiro, cuberto de sangue, aínda vivía). Os dous homes, dun modo confuso e simultáneo, foron amantes de Xulia, que non sabe cal é o pai do fillo que espera. Durante o desenvolvemento da causa, os testemuños de Xulia e Ramiro opóñense, un incriminando ao outro. O fillo nace, chámase Tomás. A crianza no cárcere é difícil. Sen embargo, Xulia comeza a sentirse nai case sen querelo. Comprende que o único que lle importa é a nova criatura que agora a acompaña, que non hai para ela máis vida ca dese neno.
Dirixe o arxentino Pablo Trapero (Ramos Mejía, Bos Aires, 1971), que estudou na Universidade do Cine (FUC), en Bos Aires e en 1996 fundou, xunto a outros mozos directores, Cinematográfica Sargentina, a súa primeira compañía de produción. En 2002 fundou Matanza Cine, a súa nova compañía de produción, que se dedica a producións de cine independente tanto nacionais como coproducións latinoamericanas e documentais. A súa filmografía complétase coa curta Negocios (1995), a mediametraxe ducciones Naiko (2001) e as longametraxes mentales. Mundo grúa (1999), El bonaerense (2002), Familia rodante (2005) e Nacido y criado (2006).