Premios:
2016: Premios Goya: Nomeada a Mellor dirección novel e Actriz (Lennie)
2016: Premios Feroz: Mellor actriz (Bárbara Lennie)
2017: Mestre Mateo (Mellor Película, Mellor Actriz e Mellor Guión).
Desde que morreu a súa nai cando ela tiña 15 anos, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre foi o piar da familia, e séntese orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai se namora repentinamente da súa enfermeira e anuncia o seu inminente compromiso, María sente que a súa vida se ven abaixo. Con 35 anos e sen noivo á vista, deberá atreverse a cambiar o seu destino.