Mis recuerdos


Sección: 
Italia: Cinco Directores
Día e hora: 
Xoves, 24 Setembro, 2009 - 20:00
Lugar: 
Biblioteca Provincial
Título Orixinal : 
Amarcord
País: 
Italia
Ano: 
1973
Duración: 
125 minutos
Director/a: 
Federico Fellini
Guión: 
F. Fellini. Tonino Guerra
Música: 
Nino Rota
Fotografía: 
Giuseppe Rotunno
Reparto: 
Bruno Zanin
Reparto: 
Pupella Maggio
Reparto: 
Armando Brancia
Reparto: 
Magali Nöel
Reparto: 
Ciccio Ingrasta
Reparto: 
Nando Orfei
Reparto: 
Luigi Rossi
Reparto: 
Gianfilippo Carcano
Reparto: 
Francesco Maselli
Outros datos de interés:

Óscar á Mellor Película Estranxeira en 1974.

Nastro d’Argento á Mellor Dirección.

David de Donatello á Mellor Dirección e Película en 1974.

BBC Best Film of All Time en 1974.

Sinopsis:

Amarcord é unha desas películas que se ven con alegría, cun sorriso na boca. É así como tivo que rodala Fellini, posto que o filme é un cúmulo de recordos de onde pasou a súa infancia. Amarcord é a nostalxia que unha persoa sente pola súa cidade natal e pola súa nenez, narrada maxistralmente en forma de comedia. A película non ten ningún fío argumental claro. Son todo anécdotas ou acontecementos, sen ningunha trama. Todo o que sucede está relacionado con Titta (que representa a Fellini de mozo) e con todos os habitantes do pobo, a cada cal máis peculiar. Temos a súa familia, á flamante e sensual Gradisca, ós seus amigos, ó mentireiro do pobo, a estanqueira... Toda a historia e personaxes serven de condutor para mostrarnos as anécdotas ou fases de toda unha vida: os profesores do colexio, as rapazadas cos amigos, o sexo, o amor, os problemas familiares, a primeira vez que se ve nevar ou a morte. E todo iso situado nos anos 30 co pano do fascismo en pleno auxe de fondo.

Tamén temos que destacar a banda sonora, composta polo gran Nino Rota (saga El Padrino), que acompaña maxistralmente ó que Fellini nos quere mostrar. Amarcord é unha película chea de anécdotas e recordos dunha sociedade xa perdida, todo mostrado con morriña e coa crítica do fascismo de fondo (algunhas escenas escaparán da comedia para mostrarnos tamén o duro que pode chegar a ser recordar aqueles tempos). Unha película que nos mostra o bonito que é recordar tempos pasados.