Premio Cinema Jove á mellor ficción vídeo e premio especial Canal + en 1995. Primeiro premio no “Up and coming europeancinema 95”, Hannover.
Animación influenciada polo expresionismo alemán realizado con materiais pouco “nobres”, chumbo de tubos, resina, plastilina, teas de saco ou papel.
Planchito soña co amor dunha “bailarina”. Un espello máxico que aparece sorprendentemente na súa vida axudaralle a estar preto dela.