Xefe de loxística: Lisardo Moure.
Operador de cámara 1º: David Vázquez Vázquez.
Operador de cámara 2º: Humberto Novoa.
Efectos especiais: Dorian Art FX.
Efectos 3D: Jon González.
Foto Fixa: Serafín R. Trashorras.
Tradución ao inglés: Rosa Gloria de Artaza.
Maquillaxe: Ana Vera Rey Vila.
Perrucaría: Inés Romeo e Ana Vera Rey.
O labirinto ario pode ser considerada a primeira curtametraxe sobre a trama conspiracionista do esoterismo nazi, o caso da man cortada e os alieníxenas ummitas rodada en Galiza. Hitler morre en 1946 e a tumba está na parroquia de Nogueira. Os seus lugartenentes o doutor Manfred e Helmuth auspiciados polo Xeneralísimo Franco que intercede coa Marquesa de Tor para seguiren traballando na chegada dunha raza aria, o rexurdir do IV Reich e o espertar dun novo Mesías. A procura do Santo Graal no Monte do Faro, experimentos nas bases subterráneas nazis de Belesar, rituais satánicos na cripta romana de Sta. Eulalia de Bóveda e os contactos co planeta Ummo conforman este labiríntico filme.