O soño de transformar o ceo consegue que esta historia fantástica nos transmita o sentimento dun home marcado por un escuro pasado. Deseñado cunha estética barroca estilizada e dando unha vital importancia á iluminación, así como ao deseño do conxunto, o universo do pintor de ceos transportaranos a unha Galicia salvaxe, un mundo pictórico, fantástico e asolado por monstruosos acantilados e agonizantes treboadas.
A curtametraxe mostrará a convivencia de dous galegos, o pintor e o seu compañeiro inseparable Amadeo, xuntos embarcarán ao espectador nun dos acontecementos máis fermosos do mundo.