Pérez, el ratoncito de tus sueños 2


Sección: 
Ciclo Infantil
Día e hora: 
Luns, 21 Setembro, 2009 - 18:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
El ratón Pérez 2
País: 
Argentina-España
Ano: 
2008
Duración: 
90 minutos
Director/a: 
Andrés Schaer
Guión: 
Ángel E. Pariente, Natalia Jazanovich, Judith Alioua
Montaxe: 
Alejandro Parysow
Música: 
Daniel Goldberg, Panchi Quesada
Fotografía: 
Miguel Abal
Reparto: 
Claudia Fontán (Muriel Labecque)
Reparto: 
Manuel Manquiña (Penkoff)
Reparto: 
Mathias Sandor (Lucas)
Reparto: 
Camila Riveros (Ana)
Reparto: 
Javier Lorenzo (Leo)
Outros datos de interés:

É a continuación de Pérez, el ratoncito de tus sueños.

Sinopsis:

Lucas ten oito anos e quere saber como fai o Ratiño Pérez para cambiar os dentes dos nenos por moedas sen que ninguén o vexa. No seu intento por descubrilo, fai que Pérez caia en mans de Gil Penkoff, un empresario sen escrúpulos que buscará facerse millonario vendendo ó mundo os segredos do rato. Lucas e a súa familia farán todo o que estea ó seu alcance para liberalo e que así continúe coa súa tarefa, aínda que quizais a axuda chegue da man doutros personaxes moito máis pequenos.

Dirixe Andrés Schaer (Bos Aires, Arxentina, 1971) tralo documental Deuda (2004). En 1993, comeza os estudos na Universidade do Cine, que conclúe en 1997 coa Licenciatura en Cinematografía con Orientación en Dirección. Nese período dirixe varias curtametraxes, entre as que destacan: Félix & Co. (1997), La última llamada (1996) e Señorita de saco gris que lee por la tarde en esta plaza (1995). Antes de concluír os seus estudos, traballa como meritorio de dirección na película Bajo Bandera, o que lle permite insertarse rapidamente no medio profesional. En 1998 comeza a traballar como segundo asistente de dirección freelance en diversas casas produtoras de cine publicitario de Bos Aires, entre as que destacan Flehner Films e Compañía Cinematográfica, lugar no que chega a dirixir media ducia de filmes publicitarios para Arxentina e México. A mediados de 2001 volve ó cine de longametraxe, traballando como controlador de racor en Apasionados e La puta y la ballena, esta última para Patagonik Film Group, produtora que o contrata en maio de 2003 xunto ó director Raúl Rodríguez Peila, con quen arma o Departamento de Desenvolvemento de Proxectos.