Peregrinos


Sección: 
Especial Xacobeo
Día e hora: 
Venres, 25 Setembro, 2009 - 20:00
Lugar: 
Caixa Galicia
Título Orixinal : 
Saint-Jacques... La Mecque
País: 
Francia
Ano: 
2005
Duración: 
110 minutos
Director/a: 
Coline Serreau
Guión: 
Coline Serreau
Montaxe: 
Catherine Foenkinos
Música: 
Madeleine Besson, Sylvain Dubrez, Hugues Le Bars
Fotografía: 
Jean-François Robin
Reparto: 
Muriel Robin (Clara)
Reparto: 
Artus de Penguem (Pierre)
Reparto: 
Jean- Pierre Darroussin (Claude)
Reparto: 
Pascal Légitimus (Guy)
Reparto: 
Marie Bunel (Mathilde)
Sinopsis:

Á morte da súa nai, dous irmáns e unha irmá, decátanse de que só cobrarán a herdanza se van xuntos a pé de Puy-en-Velay a Santiago de Compostela. O malo é que se odian entre si e odian andar. Pero o afán do diñeiro pode máis e póñense por fin en camiño. Reúnense en Puy co guía e alí descobren que irán cun grupo doutras seis persoas, entre eles un mozo francés de orixe magrebí que convence ó seu inocente primo para que o acompañe, dicíndolle que van á Meca cando en realidade vai seguindo a unha peregrina, o seu gran amor... O camiño é longo ata Santiago de Compostela e mentres percorremos con eles unhas espléndidas paisaxes asistimos aos contratempos, enfados, amoríos, fantasías e vivencias dos nove personaxes.

Dirixe Coline Serreau (París, 1947), que comezou a súa traxectoria profesional como actriz, guionista e autora de documentais -Grand mères de lìslam (1979), Qu’est-ce qu’on attend pour être heureux (1982)-, cuxa filmografía está composta por ¿Por qué no? (1977), Qu’est-ce qu’on attend pour être heureux! (1982), Tres solteros y un biberón (1985), Mamá, hay un hombre blanco en tu cama (1987), La crisis (1992), El planeta libre (1996), Caos (2001) e Tres solteros y un biberón 18 años después (2003).