Deseño de produción: Christian M. Goldbeck.
Vestiario: Bettina Marx.
A principios dos sesenta, Bernward Vesper e a súa compañeira de universidade Gudrun Ensslin viven unha apaixonada historia de amor na sufocante atmosfera da Alemaña Occidental de provincias.
Moi sensibles á inquietude da época, a fogosa parella pregúntase sobre o papel que tiveron os seus respectivos pais durante o III Reich. Cren profundamente no poder da palabra escrita e fundan unha editorial dedicada a publicar traballos políticos controvertidos:
«Se non somos nós, quen? Se non é agora, cando?» Pero o seu descontento co mundo que os rodea inflúe na súa relación. A finais dos sesenta, Gudrun únese á causa pro violenta do rebelde Andreas Baader, e Bernward arrisca a súa saúde mental tomando drogas psicodélicas nun intento de escribir a novela que cambiará o mundo.
Unha película baseada na historia verdadeira dunha época explosiva.