Banda Sonora: Arturo Vaquero
Cámara: Lucía Cortiñas
Tilda & Jean é a primeira película escrita, dirixida, protagonizada e producida por Darío Autrán, que nos propón unha historia de amor inquietante, un discurso aberto a varias interpretacións e formas de entendela. Desde a xente que se sentirá próxima á personalidade de Tilda a outros que verán en Jean un exemplo a seguir. Sempre desde a óptica da creación e as dificultades que isto entraña, a película mergúllanos nun mundo novo e descoñecido.