Umberto D.


Sección: 
Mellores Películas Cine Italiano
Día e hora: 
Mércores, 23 Setembro, 2009 - 18:00
Lugar: 
Biblioteca Provincial
Título Orixinal : 
Umberto D.
País: 
Italia
Ano: 
1952
Duración: 
89 minutos
Director/a: 
Vittorio de Sica
Guión: 
Cesare Zabattini
Música: 
Alessandro Cicognini
Fotografía: 
G.R. Aldo
Reparto: 
Carlo Battisti
Reparto: 
Maria Pia Casilio
Reparto: 
Lina Gennari
Reparto: 
Memmo Carotenuto
Reparto: 
Alberto Albani Barbieri
Outros datos de interés:

Premio á Mellor Película no Festival Punta del Este.
Premio da Crítica de Nova York como Mellor Filme Estranxeiro.

Sinopsis:

Umberto Domenico Ferrari é un home xa maior que vive sen ilusión nin esperanza nun piso respectable pero pequeno e viste correctamente. Vive só, sen familiares, e non ten amigos; tan só posúe o cariño do seu can Flike. A súa mísera pensión non lle permite sobrevivir e tratará de vender o seu reloxo e os seus libros. Á súa vez, inicia unha campaña ante o ministerio correspondente para conseguir un aumento nas pensións. Pero só consegue que o manden a un hospital para aforrar a súa manutención. A súa única amizade é a da súa serventa, María, que está embarazada dun soldado descoñecido, e xuntos comparten unha mutua aversión pola súa caseira, pero estes encontros esporádicos non satisfacen a necesidade de cariño de Umberto. A desesperación de Umberto lévao ao intento de suicidio xunto ó seu can, aínda que ao final desista para proseguir a súa vida sen rumbo pero xunto ó seu querido can.