Unha consentida chihuahua de Beverly Hills chamada Chloe atópase accidentalmente perdida nas humildes rúas de México. Soa por primeira vez na súa vida, debe confiar nalgúns inesperados novos amigos –incluído un rudo pastor alemán coñecedor das rúas chamado Delgado e un amoroso cachorro chamado Papi– para que estes lle “boten unha pata” e a axuden a atopar a súa forza interior na súa incrible viaxe de volta á casa.
Dirixe Raja Gosnell (Los Ángeles, 1958), que comezou como montador e cuxa filmografía está composta por Solo en casa 3 (1997), Nunca me han besado (1999), Esta abuela es un peligro (2000), Scooby-Doo (2002), Scooby-Doo 2: desatado (2004) e Míos, tuyos, nuestros (2005).