Un novio para Yasmina


Sección: 
Ciclo Igualdade
Día e hora: 
Venres, 25 Setembro, 2009 - 20:30
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
Un novio para Yasmina
País: 
España - Marruecos
Ano: 
2008
Duración: 
97 minutos
Director/a: 
Irene Cardona
Guión: 
Irene Cardona. Nuria Vallizán
Montaxe: 
Jorge Berzosa
Música: 
Óscar López-Plaza
Fotografía: 
Ernesto Herrera
Reparto: 
Sanaa Alaoui (Yasmina)
Reparto: 
José Luis García Pérez (Alfredo)
Reparto: 
María Luisa Borruel (Lola)
Reparto: 
Francisco Olmo (Jorge)
Reparto: 
Paca Velardiez (Mari)
Outros datos de interés:

Presentouse no Festival de Cine Español de Málaga, dentro da sección Zona Zine, onde conseguiu a Biznaga de Prata á mellor película, a do público e a correspondente á mellor actriz para Ma Luisa Borruel.

Sinopsis:

Yasmina é unha moza marroquí culta e atractiva que veu a España coa intención de continuar os seus estudos universitarios. Vive nun pobo estremeño co seu irmán Abdel e outros marroquís que traballan na agricultura. Yasmina non acaba de encaixar nin cos marroquís nin cos españois e o único lugar no que parece atoparse a gusto é nunha asociación de acollida de inmigrantes. Yasmina vive un apaixonado e atípico noivado con Javi, un mozo policía municipal. A relación funciona ben ata que lle expón a cuestión do matrimonio. Javi empeza a desconfiar e, sentíndose utilizado, négase a casar con ela.

É a primeira película dirixida por Irene Cardona (Cáceres, 1973), que en 1994 foi unha dos tres españois galardoados cunha bolsa para estudar na prestixiosa Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños, Cuba, onde se graduou na especialidade de guión e dirección en 1996. Ó seu regreso a España, finalizou a súa licenciatura de Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid e completou a súa formación con tres cursos de interpretación no estudio de formación do actor Juan Carlos Corazza (1996-2000). Escribiu e dirixiu un significativo número de curtametraxes e documentais, entre os que destacan as curtas Ni allá en la popa, caramba, ni en Trinidad (1995), La cigüeña (2002) ou o documental Después de la batalla (2006). Ata hai uns meses, combinou o desenvolvemento de proxectos audiovisuais co seu traballo de guionista no programa de TVE Versión Española, sen abandonar a docencia de teoría e técnica cinematográfica en diversas institucións públicas e privadas.