Hai 16 anos, os magos guerreiros máis poderosos da Dimensión Máxica sacrificáronse para loitar contra o mal absoluto. Agora, o destino de todo un reino atópase en mans dunha moza: Bloom, a fada co signo do Dragón. Acompañada coma sempre polas súas amigas do Winx Club, Bloom debe afrontar o seu maior desafío: debe entrar na dimensión escura e loitar contra o mal absoluto coa fin de devolver ós seus pais á vida e revelar finalmente o misterio vinculado ás súas orixes. ¿Conseguirán Bloom, Flora, Stella, Aisha, Musa e Tecna derrotar ás criaturas máis terroríficas dos seus pesadelos e atopar ó último rei de Domino? ¿E poderá Bloom salvar o reino perdido e converterse en Princesa de Domino? O destino de toda a Dimensión Máxica depende do resultado deste conflito.
Dirixe Ignio Straffi, que é fundador e CEO de Rainbow SpA, un galardoado estudio de animación líder na industria global do cine e a televisión, ben coñecido pola súa serie de éxito Winx Club. Straffi iniciou a súa carreira como autor de cómics durante a súa etapa famosa pola serie de cómic Nick Raider. O seu éxito como autor de cómics foi recoñecido inmediatamente pola industria do cine e a TV, e Straffi aceptou as oportunidades de traballar en estudios de animación de todo o mundo. Despois de anos de experiencias internacionais, decidiu regresar a Italia en 1994 e fundou Rainbow ó ano seguinte.