Telmo, un veciño invidente da cidade de Lugo, aprende a construír a súa propia zanfona coa axuda dun luthier. Ao rematar o instrumento, Telmo fixo del o seu medio de vida. Pero os acontecementos darán un xiro drástico no momento no que Ricardo, un coñecido de Telmo, lle rouba a zanfona. Isto cambiará a vida do cego ata tal punto que considerará a morte como unha solución.