A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e o Consello da Xuventude de Galicia invítanos a participar na IV edición do Concurso de Curtametraxes na Rede. Curtas na Rede.
Nesta ocasión, as persoas participantes terán a oportunidade de explorar a fondo os xéneros cinematográficos. Así poderán presentar unha curtametraxe que non poderá exceder os 5 minutos de duración, de temática libre, e que deberá cinguirse aos seguintes catro xéneros:
Curtametraxes de ficción, curtametraxes experimentais, curtametraxes documentais e curtametraxes de animación.
As cápsulas, traballos dunha duración non superior aos 3 minutos, serán o formato que acollerá as expresións audiovisuais non contempladas nas curtametraxes.
Tamén poderán participar na modalidade de micromovies. Para participar nesta sección, os traballos deberán ser realizados coa cámara do teléfono móbil e non poderán exceder os 30 segundos de duración e de temática e xénero libre.
O concurso está organizado pola Xunta de Galicia a través da secretaría xeral de Comunicación, da dirección xeral de Comunicación Audiovisual e do Consello da Xuventude de Galicia. Conta tamén coa colaboración de secretaría xeral de Emigración, da secretaría xeral de Política Lingüística, da dirección xeral de Saúde Pública, da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural, de AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais), da Deputación da Coruña, do Consejo de la Juventud de España, da Fundación Caixa Galicia, da Compañía R. Cable e Telecomunicacións Galicia S.A, de GADISA, do programa “Onda Curta” da TVG, contando tamén coa participación do Eixo Atlántico e da Fundação da Juventude.
1 Obxectivos do concurso
Curtas na Rede ten os seguintes obxectivos:
- Explorar e dar a coñecer a creatividade audiovisual presente na poboación
- Servir de escaparate da creación audiovisual existente fóra da industria
- Promover a creación audiovisual non profesional
- Promover a animación non profesional
- Utilizar internet como un espazo para a creación e para a comunicación
- Crear un punto de encontro da creatividade en internet fornecendo os lazos que posibiliten a formación e fundación dunha comunidade estable, creativa e cooperante entre todas e todos os seus membros
- Crear un punto de encontro da creatividade entre distintas culturas, especialmente a iberoamericana
- Poñer as redes sociais que xorden de internet ao servizo da creatividade audiovisual
2 Canto dura?
Curtas na Rede comeza o 14 de febreiro de 2009 e remata o 29 de outubro de 2009.
3 A quen vai dirixido?
A todas as persoas, a partir dos 15 anos de idade en adiante, interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia.
Non poderán participar o persoal empregado das entidades organizadoras, colaboradoras e patrocinadoras, nin os seus familiares directos; tampouco poderán presentarse o persoal empregado nin os familiares directos de calquera empresa que participe baixo contrato na promoción ou na xestión técnica do concurso.
4 Como me podo inscribir?
A inscrición é gratuíta e realízase a través do formulario que atopará na nosa páxina web.
O prazo de inscrición está aberto dende o 14 de febreiro de 2009 ata o 10 de setembro de 2009.
5 Prazo de presentación das obras
As curtametraxes, cápsulas e micromovies poderán presentarse dende o sábado 14 de febreiro de 2009 ata o xoves 10 de setembro de 2009.
6 Características xerais das curtametraxes
O autor ou autora da curtametraxe deberá ter presente:
- A curtametraxe non poderá exceder os cinco (5) minutos de duración, incluíndo os títulos de crédito.
- Poderá participar toda curtametraxe estreada ou producida durante o ano 2009. A participación en Curtas na Rede non impide a presentación destes traballos noutros concursos ou festivais mentres dure esta iniciativa. O non cumprimento destas condicións causa a baixa automática da/s obra/s presentadas.
- Cada autora ou autor poderá participar co número de obras que considere oportuno.
- Non se admiten obras que inciten ao racismo, á xenofobia, á violencia de xénero, á homofobia ou que atenten contra a dignidade da persoa.
- A curtametraxe non deberá facer publicidade ou promover o uso de ningún produto ou servizo de natureza comercial.
- As curtametraxes poderán presentarse indistintamente en galego, castelán ou portugués. Para calquera outra lingua, a curtametraxe terá que vir subtitulada en galego ou en castelán.
- As curtametraxes enviadas pasan a formar parte do arquivo deste concurso e os autores e autoras ceden gratuitamente os dereitos das obras para facer uso delas para ser exhibidas ou duplicadas sen fins comerciais ata finais deste ano co fin da promoción do concurso.
- Calquera apropiación indebida de dereitos de autor ou autoría na curtametraxe é responsabilidade da persoa que a inscribiu.
7 Micromovies
A autora ou autor da micromovie deberá ter en conta:
- A micromovie terá unha duración máxima de 30 segundos. A temática é libre.
- A súa realización será exclusivamente mediante a cámara do teléfono móbil.
- Non poderá incluír ningún tipo de efecto de postprodución nin visual nin sonora.
- O autor ou autora poderá presentar cantas obras considere oportunas. Non se admiten micromovies derivadas doutra micromovie presentada. As micromovies presentadas terán que ser producidas durante o ano 2009.
- Non se admiten obras que inciten ao racismo, á xenofobia, á violencia de xénero, á homofobia ou que atenten contra a dignidade da persoa.
- A micromovie non deberá facer publicidade nin promover o uso de ningún produto ou servizo de natureza comercial.
- As micromovies enviadas pasan a formar parte do arquivo deste concurso e os autores e autoras ceden gratuitamente os dereitos das obras para facer uso delas para ser exhibidas ou duplicadas sen fins comerciais ata finais deste ano co fin da promoción do concurso.
- Calquera apropiación indebida de dereitos de autor na micromovie é responsabilidade da persoa que a inscribiu.
8 Cápsulas
O autor ou autora das cápsulas deberá ter en conta:
- As cápsulas son pequenas obras dunha duración non superior aos 3 minutos que versen sobre temáticas ou xéneros non contemplados no apartado das curtametraxes: falsos tráileres, vídeos musicais, realitys, falsos anuncios, etc.
- Poderá participar todo traballo estreado ou producido durante o ano 2009. O non cumprimento desta condición causará a baixa automática da/s obra/s presentada/s. A participación destes traballos en Curtas na Rede non impide a presentación das obras noutros concursos ou festivais mentres dure esta edición.
- A autora ou autor poderá presentar cantas cápsulas considere oportunas.
- Non se admiten obras que inciten ao racismo, á xenofobia, á violencia de xénero, á homofobia ou que atenten contra a dignidade da persoa.
- As cápsulas non deberán facer publicidade nin promover o uso de ningún produto ou servizo de natureza comercial, aínda que si poderán versar sobre produtos, artigos ou servizos inexistentes no mercado.
- As cápsulas enviadas pasan a formar parte do arquivo deste concurso e os autores e autoras ceden gratuitamente os dereitos das obras para facer uso delas para ser exhibidas ou duplicadas sen fins comerciais ata finais deste ano co fin da promoción do concurso.
- Calquera apropiación indebida de dereitos de autor na cápsula é responsabilidade da persoa que a inscribiu.
9 Presentación das obras
O prazo límite de presentación das curtametraxes, cápsulas e micromovies remata o xoves 10 de setembro de 2009.
As curtametraxes
Para a publicación en internet utilizarase unha ferramenta en liña dispoñible no portal, tras o rexistro previo do/a usuario/a. Esta ferramenta permitirá publicar a curtametraxe en formato FLV, a recensión que figurara na portada da obra, así como o cartel elaborado para esta. As condicións técnicas, de limitación de tamaño e titorial de compresión atópanse na páxina web.
Paralelamente á súa publicación en internet, o autor ou autora da curtametraxe, ou curtametraxes, deberá presentar por cada obra nun sobre o seguinte contido:
- Un DVD vídeo onde o título principal sexa a curtametraxe que presenta a concurso.
- Unha ficha técnica, que atopará na web do concurso, incluirá: nome e apelidos da persoa que dirixe a curtametraxe, enderezo, correo electrónico, teléfono de contacto e breve sinopse que desexa que figure na ficha de presentación na páxina web. Deberá presentarse, para acompañar a esta ficha, un cartel (en formato .jpg, .gif ou .png) realizado para a curtametraxe. O peso máximo deste cartel é de 100 K. Esta ficha técnica, unha vez impresa, terá que vir asinada pola persoa que dirixe a curtametraxe.
- Fotocopia do DNI, ou documento análogo, da persoa que dirixe a curtametraxe.
As cápsulas
Para a publicación en internet utilizarase unha ferramenta en liña dispoñible no portal, tras o rexistro previo do/a usuario/a. Esta ferramenta permitirá publicar a cápsula en formato FLV, a recensión que figurara na portada da obra, así como o cartel elaborado para esta. As condicións técnicas, de limitación de tamaño e titorial de compresión atópanse na páxina web.
Paralelamente á súa publicación en internet, o autor ou autora da cápsula, ou cápsulas, deberá presentar por cada obra nun sobre o seguinte contido:
- Un DVD vídeo onde o título, ou títulos, principal sexa a cápsula que presenta a concurso.
- Unha ficha técnica, que atopará na web do concurso, incluirá: nome e apelidos da persoa que dirixe a cápsula, enderezo, correo electrónico, teléfono de contacto e breve sinopse que desexa que figure na ficha de presentación na páxina web. Deberá presentarse, para acompañar a esta ficha, un cartel (en formato .jpg, .gif ou .png) realizado para a curtametraxe. O peso máximo deste cartel é de 100 K. Esta ficha técnica, unha vez impresa, terá que vir asinada pola persoa que dirixe a cápsula.
- Fotocopia do DNI, ou documento análogo, da persoa que dirixe a cápsula.
As micromovies
Para a publicación en Internet utilizarase unha ferramenta en liña dispoñible no portal, tras o rexistro previo do/a usuario/a. Esta ferramenta permitirá publicar a micromovie en formato FLV, a recensión que figurara na portada desta, así como o cartel elaborado para a micromovie. As condicións técnicas, de limitación de tamaño e titorial de compresión atópanse na páxina web.
Paralelamente á súa publicación en internet, o autor ou autora da micromovie, ou micromovies, deberá presentar por cada obra nun sobre o seguinte contido:
- Independentemente do número de micromovies presentadas, a autora ou autor deberá presentar a súa ficha de inscrición no concurso na que figurará os seus datos persoais, teléfono de contacto, recensión da micromovie e un cartel (en formato .jpg, .gif ou .png) realizado para esta. Esta ficha de inscrición terá que vir asinada pola persoa que dirixe a obra.
- Fotocopia do DNI.
O envío das curtametraxes, cápsulas e micromovies, terá que dirixirse a:
Centro Multimedia de Galicia
Rúa do Hórreo, 61
15702 Santiago de Compostela
Os gastos de envío correrán a cargo das persoas participantes. A organización non se responsabiliza das perdas ou estragos deste envío.
No caso de que o autor ou autora compita con máis dunha curtametraxe, cápsula ou micromovie cada obra irá nun DVD independente.
No caso de que unha obra estivese codirixida, para os efectos deste concurso a obra considérase presentada pola persoa rexistrada na inscrición; no caso de que a obra resultase premiada, o premio concederáselle á persoa rexistrada se esta é a responsable da dirección da obra.
No caso de que se presentase a mesma curtametraxe pero se rexistrase por distintas persoas, para os efectos deste concurso considerarase a obra presentada pola primeira persoa que realizou a súa inscrición, segundo o indiquen os ficheiros de incidencias correspondentes no servidor.
10 Bitácoras de rodaxe
- As persoas inscritas no concurso terán a posibilidade de crear unha bitácora de rodaxe. A organización porá a disposición da persoa inscrita todas as ferramentas que lle permitan a creación e personalización deste espazo blog e facilitar tamén a inclusión de videopodcasts.
- A finalidade destas bitácora é compartir o proceso de rodaxe e a paixón que une todas as persoas participantes neste concurso: o mundo da imaxe.
- A organización resérvase o dereito de control sobre aqueles post ou comentarios que excedan a temática do concurso e atenten dalgún xeito contra a dignidade das persoas.
11 Inscrición como votante e proceso de votación
Para poder votar as curtametraxes, cápsulas e micromovies, cómpre inscribirse como votante. A inscrición é gratuíta e para iso deberá cubrir un formulario cos seus datos persoais que se atopa na web do concurso. Para isto, o/a votante deberá validar a inscrición no correo que o sistema enviará de forma automática á conta de correo que o/a usuario/a indicou. Unha vez efectuada a validación, poderá, cando se abra o prazo de votación, exercer o voto.
Cada persoa rexistrada como votante ou participante contará cun número limitado de votos, segundo a seguinte graduación:
- 1 estrela = pobre; 2 estrelas= boa; 3 estrelas= excepcional.
Estes votos distribúense do seguinte xeito:
- Para as curtametraxes da categoría de ficción: 4 votos de 3 estrelas; 4 votos de 2 estrelas; 4 votos de 1 estrela.
- Para as curtametraxes da categoría de experimentais: 4 votos de 3 estrelas; 4 votos de 2 estrelas; 4 votos de 1 estrela.
- Para as curtametraxes da categoría de animación: 4 votos de 3 estrelas; 4 votos de 2 estrelas; 4 votos de 1 estrela.
- Para as curtametraxes da categoría de documental: 4 votos de 3 estrelas; 4 votos de 2 estrelas; 4 votos de 1 estrela.
- Para as cápsulas: 4 votos de 3 estrelas; 4 votos de 2 estrelas; 4 votos de 1 estrela.
- Para as micromovies: 4 votos de 3 estrelas; 4 votos de 2 estrelas; 4 votos de 1 estrela.
O período de votación abrirase o xoves 24 de setembro de 2009 e pecharase o sábado 24 de outubro de 2009 ás 12 da noite.
Cada curtametraxe, cápsula ou micromovie presentada só poderá ser votada unha vez polo/a votante rexistrado/a, que contará cos votos anteriormente citados para o conxunto de obras de cada categoría xenérica.
A curtametraxe, cápsula e micromovie que estea mellor valorada recibirá o premio do público. En caso de empate, a contía do premio repartirase entre as obras premiadas.
A organización resérvase o dereito a cancelar, suspender e sancionar no caso de producirse calquera tipo de fraude no proceso de votación.
12 O xurado
O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da cultura e do audiovisual, así como por membros das entidades organizadoras, colaboradoras e patrocinadoras. No seu momento publicarase no blog da organización a relación de membros do xurado.
O luns 19 de outubro darase a coñecer no blog da organización a listaxe de persoas designadas, tres por categoría, aos seguintes premios: mellor interpretación masculina, mellor interpretación feminina, mellor guión, mellor montaxe e mellor dirección.
O ditame do xurado será inapelable e poderá declarar deserto calquera premio; neste caso o importe da/s categoría/s deserta/s pasará a outras categorías con mellor representación.
13 Premios
As curtametraxes presentadas optarán aos seguintes premios:
Categoría de curtametraxes de ficción:
- 1º Premio da Secretaría Xeral de Emigración da categoría de ficción: 1500 €
- 2º Premio da Secretaría Xeral de Emigración da categoría de ficción: 1000 €
- 3º Premio da Secretaría Xeral de Emigración da categoría de ficción: 500 €
Categoría de curtametraxes experimentais:
- 1º Premio da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da categoría experimental: 1500 €
- 2º Premio da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da categoría experimental: 1000 €
- 3º Premio da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da categoría experimental: 500 €
Categoría de curtametraxes documentais:
- 1º Premio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da categoría documental: 1500 €
- 2º Premio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da categoría documental: 1000 €
- 3º Premio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da categoría documental: 500 €
Categoría de curtametraxes de animación:
- 1º Premio Consello da Xuventude de Galicia da categoría de animación: 3000 €
- 2º Premio Consello da Xuventude de Galicia da categoría de animación: 1000 €
- 3º Premio Consello da Xuventude de Galicia da categoría de animación: 500 €
As micromovies presentadas optarán a:
- Premio do xurado da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural á mellor micromovie: 1500 €
As cápsulas presentadas optarán a:
- Premio do xurado dirección xeral de Creación e Difusión Cultural á mellor cápsula: 1500 €
A maiores destes premios, a organización tamén concederá os seguintes:
- Premio á Eixo Atlántico á mellor interpretación masculina: 1500 €
- Premio GADISA á mellor interpretación feminina: 1500 €
- Premio AGADIC ao mellor guión: 1500 €
- Premio AGADIC á mellor montaxe: 1500 €
- Premio AGADIC á mellor dirección: 1500 €
- Premio da secretaría xeral de Política Lingüística á mellor curtametraxe en galego: 1500 €
- Premio Consejo de la Juventud de España á mellor curtametraxe en castelán: 1500 €
Os premios do público distribúense do seguinte xeito:
- Premio do público da secretaría xeral de Política Lingüística á mellor curtametraxe: 1500 €
- Premio do público da Compañía R á mellor micromovie: 1500 €
- Premio do público AGADIC á mellor cápsula: 1500 €
Outros premios que se entregarán:
- Premio Comunícate: 300 € que se sortearán entre as persoas inscritas como votantes.
- Premio da Secretaría Xeral de Comunicación: 600 € á mellor bitácora do concurso.
Se a persoa gañadora fose de fóra da Península Ibérica, a organización do concurso farase cargo do seu traslado e aloxamento para a súa presenza na cerimonia de entrega de premios.
14 Entrega de premios
A entrega de premios terá lugar o xoves 29 de outubro de 2009. Calquera cambio nesta data será anunciado pola organización con tempo suficiente.
15 Cesión limitada dos dereitos por parte dos/as participantes
As curtametraxes, cápsulas e micromovies presentadas pasan a formar parte do arquivo deste concurso e os/as autores/as ceden gratuitamente os dereitos das obras para facer uso delas e ser exhibidas ou duplicadas sen fins comerciais co obxecto da promoción do concurso durante este ano.
Ao longo do concurso, a organización fará exhibicións públicas coas curtametraxes, cápsulas e micromovies chegadas ata ese momento, co fin de promover a participación e o coñecemento desta iniciativa.
Os traballos poderán ser reclamados no Centro Multimedia de Galicia, rúa do Hórreo, 61, de Santiago de Compostela, nun prazo de 30 días a partir da data de remate do concurso.
16 Acatamento e interpretación das bases
A participación neste concurso implica a plena aceptación destas bases. Ante posibles dúbidas na súa interpretación, prevalecerá o criterio da organización.
Estas bases atópanse tamén publicadas na páxina web do concurso.
Máis información e inscricións en:
Tel.: 902 157 527 / Fax: 981 563 488
Correo-e: Web: