"ADN DE AUTOR" de Cesar Núñez será o cartel anunciador da XXXIII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR
O deseño titulado "ADN DE AUTOR" será o cartel anunciador da XXXIII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.
O autor é CESAR NÚÑEZ ÁLVAREZ, residente en Astorga, que resultou gañador do Certame convocado ó efecto, dotado con 1.000€ e trofeo.
O Xurado, que se reuniu esta mañá na sede do Grupo Fonmiñá, estivo formado porJ.M. Díaz Grandío, en representación do Concello de Lugo; Aurelia Balseiro, en representación da Deputación Provincial; Manuel Gulín, en representación da Xunta de Galicia; Sinesio Pérez, en representación da Fundación Caixa Galicia; Carmen Xove, en representación da Universidade, xunto cos directivos do Grupo Fonmiñá Manuel Curiel (Director da Semana de Cine), Eduardo Rodríguez Ochoa, Carlos Rodríguez, Miguel Calvo, José Manuel Guisasola e Xulio Xiz (Presidente).
A entrega do premio ó galardonado farase no transcuro da inauguración oficial da Semana de Cine, o próximo mes de setembro. Nas próximas semanas comezará a difundirse o cartel anunciador da Semana.