Exposición de carteis

Data: 
Mér, 15/09/2010

Inaugurouse a mostra de carteis presentados ó Certame, para elixir o cartel anunciador da XXXII Semana Internacional de Cine de Autor

expo

 

 

 

 

 

 

 


 Na Sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo inaugurouse a mostra de carteis presentados ó Certame convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, para elixir o cartel anunciador da XXXII Semana Internacional de Cine de Autor.
    Ó certame, con convocatoria efectuada unicamente por Internet, presentaráronse sesenta carteis procedentes de Navarra, Tarragona, Madrid, Leon, Jaen, Cáceres, Lleida, Ourense, Sevilla, Zaragoza, Valencia, Barcelona, Gijón, Cuenca e Lugo, que agora poden verse ata o remate do presente mes na sala da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, no horario de funcionamento desta Institución.
    O Xurado estivo formado por representantes das institucións copatrocinadoras da Semana de Cine e membros do Grupo Fonmiñá. O gañador do certame  foi o deseño do valenciano Martín Forés Sanz, que recibirá o premio o próximo 27, luns, con motivo da inauguración oficial da Semana de Cine.
    Na inauguración estriveron presentes os xefes territoriais de Presidencia, Medio Rural e Traballo. E por parte do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, o Director da Semana de Cine, Manuel Curiel e o Presidente do Grupo, Xulio Xiz.

 

expo-3