Premios
-International Short Film Festival Unprecedented Film (Estonia): mención especial do xurado.
-Festifil. - Festival La Fila de Cortometrajes (España): mellor maquillaxe e perrucaría.
Anna e Enrico son dous mozos amantes que queren fuxir xuntos pero necesitan solucionar os seus problemas económicos. Enrico recibe una adiñeirada oferta dun home misterioso, pero rexéitaa ao pensar que o seu amigo Paolo lle prestará os cartos. A amizade, o amor e a vinganza retaranse nunha escura noite romana.
Carla Vadell (Palma de Mallorca, 15 de xuño de 1990). Aos 17 anos acode á New York Film Academy en Florencia, onde realiza un curso de dirección. Con 18 anos múdase a Roma e inscríbese na escola de cine de Cinecittà, onde realiza unha curtametraxe e un documental. En 2010 traballa como asistente de dirección na longametraxe alemá Implosion e no spot de Armani jeans. En 2011 presenta Último beso en Roma, rodado en Roma e montado en Madrid e Mallorca.