CAMPEÓN
España, 2016. 15 minutos.
Director: Hugo de la Riva.
11 de xullo de 2010. Nun par de horas, a Selección Española de Fútbol enfrontarase en Johannesburgo á de Holanda, na final do Mundial organizado pola FIFA. O país enteiro parece concentrado na posibilidade de que España se coroe, por primeira vez, campioa do mundo. Fran (Alberto Amarilla), Soto e Tejera achéganse a un bar do seu pobo, na Mancha, para gozar do partido, duns viños e do ambiente festivo creado ao redor. Porén, cando todo parece preparado para que comece a final, Fran recibe unha chamada que podería facer que a tarde dera unha volta. Debido a ela, Fran podería perder o partido, perder incluso aos seus amigos e, en última instancia, perder algo cun valor máis elevado que ambas cousas.
CAVALLS MORTS
España, 2016. 6 minutos.
Directores: Marc Riba & Anna Solanas.
Nunha illada paraxe rural a guerra asexa. Un neno vese obrigado a fuxir coa súa familia. No seu camiño, cadáveres de cabalos por todas partes. So cabalos mortos. Por que? Por que decidiron os cabalos matarse os uns aos outros?
CIUDADANOS
España, 2016. 15 minutos.
Director: Marc Nadal Manzanares.
A falta de traballo leva aos cidadáns a una situación de emerxencia, enfrontándoos uns contra outros, obrigándoos a espertar o seu propio egoísmo para conseguir a súa supervivencia. Ante a violencia e a inxustiza cidadáns como Noe sofren a ausencia de leis efectivas.
DONDE CAEN LAS HOJAS
España, 2016. 18 minutos.
Directora: Alicia Albares.
Eva recibe una chamada inesperada: a súa nai está ao borde da morte. Nese frío hospital cheo de medo e angustia, Eva enfrontarase aos recordos do seu pasado e encontrarase con máxicas axudas. Sen outra saída, terá que aprender a mirar ao norte desde outra perspectiva.
EFECTOS DE MAYO
España, 2016. 9 minutos.
Director: Darío Autran.
Un home debe matar a todas as persoas que ama antes do final da primavera.
EL MONOPOLIO DE LA ESTUPIDEZ
Perú, 2016. 19 minutos.
Director: Hernán Velit.
Miguel, un mozo de 27 anos, esperta unha mañá coa pesada tarefa de ter que inscribir en rexistros públicos a morte do seu pai e desta maneira poder acceder á sucesión intestada que lle permitirá acceder aos bens do seu pai. Cando chega á oficina gobernamental onde se realiza o trámite, dáse coa sorpresa que o proceso é bastante máis complicado e embrollado do que imaxinaba, non polo proceso en si, senón pola incompetencia dos funcionarios e a excesiva burocracia do sistema, que fai que algo simple, se converta nun círculo vicioso de papelorios e portelos.
EL VESTIDO
España, 2017. 13 minutos.
Director: Javier Marco Rico.
Cada día, de camiño ao traballo, a nai de Sara ve un vestido no escaparate.
HASTA QUE LLEGÓ SU HORA
España, 2016. 9 minutos.
Director: Javier Silvestre Sáez.
Carlos é un mozo de trinta anos que aínda vive na casa dos seus pais. Unha noite comunícalles que acaba de atopar traballo. Ao pasar varios meses, Carlos non se move de casa e os seus país danse conta de que non ten intención de facelo. Os pais de Carlos idean un plan para "deixar marchar o seu pequeno".
INDIOS Y VAQUEROS
España, 2016. 4 minutos.
Directora: Emilia Ruiz.
O xogo diario de Leo na casa son os “indios e vaqueiros”. Hoxe, con 5 aniños, aprendeu un novo xogo.