PASAPALABRA
España (2015). 5 minutos.
Director: Andrea Testini.
Intérpretes: Ángel Fernández, Estivaliz Senovilla, Carla Bruguera e Yassin El Idrissi.
Ahmed é un neno islámico que empeza a coñecer o racismo e os prexuízos da sociedade occidental a través das bromas dos seus compañeiros de escola.
SABES TÚ
España (2015). 9 minutos.
Director: Thomas Hectos e Eduardo Tayco.
Intérprete: Cristina Rapado.
Viaxe espacial onde se recrean imaxes antigas de filmes ao puro estilo vintage e narra a historia dun robot que intenta crear a súa compañeira perfecta...
EL ESCAPE
Colombia (2015). 11 minutos.
Director: Fabian Pinilla.
Intérpretes: Juan Pablo Gómez, Daniel Díaz e Camilo Ávila.
Eddie, prisioneiro nunha fábrica clandestina, intenta escapar a toda costa para evitar ser procesado e vendido como carne de porco ao servizo do consumo humano.
VIDA ETERNA & ASOCIADOS
México (2015). 7 minutos.
Director: Ivan Lowenberg.
Intérpretes: Magda Vizcaíno e Ilse Miranda.
Inés é unha anciá atea intrigada polos servizos funerarios que ofrece Giovanna, que a leva a dar unha volta polo panteón para demostrarlle todas as atencións especiais que ofrecen aos seus clientes.
EL PRÉSTAMO
España (2015). 18 minutos.
Director: Emilio Santón Piñeiro.
Carlos está a punto de cumprir 25 anos e só ten un desexo: deixar de ser virxe.
LA TETE DEL L´EMPLOI
Francia (2015). 7 minutos.
Director: Wilfried Meance.
John, un novo afiliado ao paro de 55 anos espera febrilmente para obter por primeira vez un posto de traballo de mantemento. O que el non sabe é que Rémi, o seu asesor de 30 anos quere acabar a súa xornada de traballo rapidamente.
CARTAS A SUPERMAN
España (2016). 16 minutos. Animación.
Director: David Hidalgo Omil.
Un neno decide escribirlle a Superman, para que coide do seu pai na guerra.
Dirixida por David Hidalgo, lucense afincado en Pontevedra, e que foi capaz de reunir máis de 8.000 folios de debuxos nesta película.
LURNA
España (2016). 15 minutos.
Director: Nani Matos.
Intérpretes: Humy Donado, Xavier Deive, Luis Iglesia e Santi Prego.
Lurna é unha moza africana que soña cunha vida mellor.