María é filla dun “rojo”, traballa para Santi, un garda franquista que ten como misión eliminar ós “rojos” dunha lista que lle facilitaron os seus superiores.
A Santi só lle queda unha persoa desa lista: Manuel, pai de María, o cal se supón morto. Os superiores de Santi coacciónano para que remate a súa misión.
Entre María e Santi comeza a darse unha relación amorosa e Santi decide ir un día á casa de María. Xa na casa de María, Santi observa algo que lle fai sospeitar que Manuel está vivo.