LA CREU
España, 2016. 16 minutos.
Director: Dani Seguí Florit.
É a historia dunha parella, marido e muller e dos rituais que utiliza cada un para continuar vivos e afrontar a desgraza que marcou as súas vidas.
¿SOY ALGO PARA TI?
España, 2016 - 15 minutos.
Director: Eloy González Gavilán.
Seguindo a súa rutina diaria, Vicente (Txema Blasco) un xubilado coma tantos, acude a comprar o xornal na tenda do seu vendedor habitual; como de costume, regresa á casa, séntase no sofá e inicia a lectura. María (Carmen Blocona) a súa muller, entre tanto, realiza as labores propias do fogar. Dunha maneira natural iníciase entre ambos a conversación; esta vez toca falar das relacións de parella. Con certa graza, non exenta de algúns reproches, falan da convivencia en, relativa harmonía, do matrimonio ao longo dos anos que levan vivido xuntos e, por extensión, a charla deriva cara a comparación coa coexistencia dos mozos actualmente, xa que son pais e a súa filla Sonia (Pilar González) convive co seu noivo.
LOS TOMATES DE CARMELO
Brasil - Canadá, 2016. 13 minutos.
Director: Danilo Baracho.
1941, Castela e León. Carmelo ten un pacto honrado coa soidade. A súa pel está marcada polos moitos anos vividos nun bosque de pinos piñoneiros. Non choveu esta primavera e o chan está demasiado duro. Por primeira vez, Carmelo non sabe se poderá plantar os seus tomates.
MAÑANA
España, 2016. 18 minutos.
Director: Manuel Aguilar.
María vive as 24 horas do día dependendo de Vicente. El é quen fai que siga tendo ganas de vivir e que espertar cada día teña sentido. Pero unha mañá, todo cambia...
MATRYOSHKA
España, 2016. 20 minutos.
Director: Fran Kapilla.
Primeira misión espacial con dúas mulleres ao mando. As cosmonautas soviéticas Svetlana e Katyusha deberán afrontar momentos agónicos no accidente da nave orbital "Matryoshka". Soidade, agonía, ingravidez, os ordenadores non funcionan e teñen poucos minutos antes de que todo explote.
MOMO
Arxentina, 2016. 6 minutos.
Director: Damian Yapura.
Momo é un gato que desde hai tempo so sabe traerlle problemas ao seu dono, Billy, que espera del un comportamento normal pero so consegue angustia e nervios. Unha serie de trasnadas de Momo terminan por anoxar a Billy facéndolle tomar represalias contra a súa mascota.