2) As curtas máis premiadas


Sección: 
As curtas tamén son cine
Día e hora: 
Mércores, 21 Setembro, 2016 - 19:30
Lugar: 
Vicerreitorado Universitario (Casa do Coñecemento)
Sinopsis:

A LOS OJOS

España (2015). 10 minutos.

Director y guión: Mario Hernández.

Dirección de fotografía: Lucas Vázquez de la Vega.

Dirección de arte: Isis de Coura

Montaxe: Dani Aránega.

Son: Álvaro García Nieto.

Queres saber por que no te miro?... Unha parella, sen nome. Un único escenario, o fogar que habitan ambos. Un secreto que os separa, pero á vez o único motivo que aínda os une. Tantas cousas que dicirse, tantas cousas que calan. E o silencio. O silencio que estalla en berros arrepiantes cando se miran, cando se miran de verdade, aos ollos, e todo o castelo de naipes da súa vida cae, a dor e o medo que se aferra ás paredes que se pechan sobre eles e os esmagan.

 

AGRINOUI

Chipre (2015). 19 minutos. Animación.

Director: Alexis Chaviaras.

Unha egua nova acode a Chipre para participar nas carreiras. Frustrada polos fracasos, abandona o hipódromo despois de enfrontarse ao seu estrito pai. A egua coñecerá novos amigos que a axudarán a atopar o seu valor perdido.

 

AURORA

España (2016). 15 minutos.

Director: Patricia Mejías Ramos y Ayoze Vega Cazorla.

Intérpretes: Rocío Ander e Susana Fernández.

Vera e Ana son dúas mulleres totalmente opostas, veciñas que nunca falaran antes. Ambas viven herméticas no mundo das tecnoloxías e nunha relación que está acabada.

 

BROKEN BASKET

España (2015). 11 minutos.

Director: Roberto Luís Céspedes.

Intérprete: Belén Rueda.

Unha atordada muller descende dun autobús, nunha gran cidade. Divaga por unha longa rúa, busca ao seu arredor, sentindo que van detrás dela, ao seu asexo, palpando o medo e o inicio doutro novo inferno. Pero atopa o obxectivo, espera, agarda unha vaga esperanza, e entón o mal emerxe. Hai unha década secuestraron ao seu bebé, pero non deixou de velo medrar, sempre na distancia. Hoxe é un día máis onde poderá contemplalo fugazmente. Hoxe é un día máis de eterno ofuscamento.

 

COMING TO TERMES

España (2015). 12 minutos.

Director: David Bertan.

Intérpretes: Carissa Bazler, Wiatt Greene, Michael Mayno e Nancy Daly.

Eddie e Sally intentan entender o concepto da morte antes de que o seu pai morra. Á idade de 10 e 8 anos, respectivamente, sempre confiaron nas ensinanzas relixiosas do seu pai. Cando a vida eterna no Paraíso parece ideal, os nenos toman unha decisión que ninguén podía esperar.

 

EL JUEGO DEL ESCONDITE

España (2015). 28 minutos.

Director: Mar Babuglia.

Intérpretes: Alba Latorre-Alcantud, Nacho Millán e Martín Bernago.

Nora enfróntase á carga familiar de coidar das súas irmás pequenas, unha delas co trastorno do espectro autista.