3) AS CURTAS MÁIS PREMIADAS


Sección: 
Sección Curtas de Cine
Día e hora: 
Mércores, 20 Setembro, 2017 - 19:00
Lugar: 
Vicerreitorado Universitario (Casa do Coñecemento)
Sinopsis:

LA SEÑAL DEL PALOMO

México, 2016. 12 minutos.

Director: Froylan Avila.

Unha serie eventos cotiáns cun valor numérico cada un axudarán a Evaristo a cubrir un boleto de lotería. Así buscará gañar para cambiar a súa vida.

 

PUERTAS

España, 2016. 13 minutos.

Director: Paco Arasanz.

Unha vida dominada por unha sola obsesión: abrir portas.

 

UNA FAMILIA DE VERDAD

España, 2017. 17 minutos.

Directora: Isabel Medrano Pérez.

Nun futuro próximo, unha muller de mediana idade decide ser nai en solitario e compra a través dunha empresa online esperma para quedar embarazada. Pero non so iso é o que lle ofrecerá a empresa.

 

EL HOMBRE DE AGUA DULCE

España, 2017. 16 minutos.

Director: Álvaro Ron.

Nun pobo en medio do deserto de California que sofre unha seca terrible, unha nena de dez anos enfróntase ao seu avó para evitar que este venda a auga da súa propiedade e proponlle un plan tolo para resucitar o río que secou.

 

LITUANIA

España, 2016

Director: Iker Arce

Despois da morte do seu fillo, Elena e David enfróntanse á perda de todo o que lles queda.

 

LA VOZ DE LOS OBJETOS

Arxentina, 2016. 11 minutos.

Director: Maximiliano Argeleri Marty.

Un detective redacta un informe sobre a morte dunha persoa. A interpretación dos feitos... será acertada?.

 

e-LIFE

España, 2016. 12 minutos.

Director: María DC Carbajosa.

E se no futuro e-Life puidera deseñar a túa vida... Atreveríaste a probalo?

 

EL OTRO CUERPO

Arxentina, 2016. 7 minutos.

Director: Martina Matzkin - Laura Martínez.

Ela quere sacar o tema de enriba antes de terminar a secundaria. Total, os príncipes azuis non existen. En todo caso, ela non é ningunha princesa. Nada que unha chamada non poida resolver.