3) As curtas máis premiadas


Sección: 
As curtas tamén son cine
Día e hora: 
Xoves, 22 Setembro, 2016 - 19:30
Lugar: 
Vicerreitorado Universitario (Casa do Coñecemento)
Sinopsis:

CRETINOS

España (2015). 15 minutos.

Director: Edu Moyano.

Intérpretes: Pedro Miguel Martínez, Christian Sanpedro, Gema Zelarayán e Alba García.

Durante un atraco nunha tenda 24 horas, o atracador toma como refén a un tipo que ía camiño de se suicidar.

 

VIAJE A PIES

España (2015). 15 minutos. Animación.

Director: Khris Cembe.

Unha viaxe nocturna en tren. Un vagón cheo de pasaxeiros. Un compañeiro indesexable no teu compartimento... Ata onde chegarías por ter unha viaxe tranquila?

 

EL HUERTO

España (2016). 9 minutos.

Director: Pedro H. Lajara.

Parece que a busca do director de culto Víctor Zulueta chegou ao seu fin. Leva anos escondido nun horto.

 

EL POZO

España (2016). 29 minutos.

Director: Héctor Domínguez e Viguera Queija.

Intérpretes: Aitana Sánchez Gijón, Clara Pampón, Samuel Viyuela e Alfonso Delgado.

Unha longa guerra civil. A fronteira dun bosque. Dúas irmás que viven soas, co recordo do pasado familiar nos recunchos e nas gretas dunha casa vella. Viven escondidas e illadas, pero viven. Un soldado novo e covarde que foxe da guerra, que está malferido, que chega á casa. Un soldado adulto que se foi á guerra, do que ninguén sabe nada, que vive na memoria.

 

EL PUZZLE

Galicia (2016). 5 minutos. Fundación TIC.

Director: Jorge Díez Fernández.

Intérpretes: María del Mar Núñez Gómez, Salvador Parcero Cancela, Marianela Fernández Núñez e José Luís Bermúdez Salinas.

Tres amigos saen de copas e un deles decide ir á casa. A noite non acabará para ningún dos tres. Un teléfono móbil encontrado en plena rúa e que parece non pertencer a ninguén revela unha serie de acontecementos macabros que afectan aos tres compañeiros.

 

EL TÚNEL

España (2015). 8 minutos.

Director: Ricardo Yebra.

Intérpretes: Olga Alaman e Cristina Alcázar.

Laura. Sofía. Un túnel de lavado … hai saída?

 

GALLETAS

España (2015). 12 minutos.

Director: Ignacio Sepúlveda.

Intérpretes: Mariano Venancio, Rosario Pardo, Guillermo Barrientos e Borja Luna.

Un mozo bancario achégase persoalmente a entregar un aviso de desafiuzamento. O que atopa na casa, dos que unha vez foron os seus mellores clientes, farao reformular por completo o motivo da súa visita.

 

LA CONDENA

España (2015). 8 minutos.

Director: Marc Nadal.

Intérpretes: Pepa López e Gal Soler.

Baseado nunha historia real. En 2014 producíronse de media 189 desafiuzamentos diarios en España. Dous desafiuzamentos cada 15 minutos. Este desafiuzamento executouse ás 17h.