Premios:
-Concurso de Cortometrajes de Boadilla del Monte (España): terceiro premio á mellor curtametraxe.
-Festival Nacional de Cine Getafe In (España): finalista á mellor curtametraxe.
-Concurso Internacional de Cortometrajes Cinemad (España): segundo premio á mellor curtametraxe.
-Concurso de cortometrajes para jóvenes realizadores Ciudad de Castellón (España): mellor curtametraxe.
-Certamen Nacional de Cortometrajes L’alfàs del Pi (España): mellor curtametraxe en video.
-Festival de Cortometrajes Radio City de Valencia (España): mellor música.
-Muestra de cortometrajes de Tres Cantos (España): premio da xuventude.
Un home, un despacho, 5 millóns. Lucas Fernández, un home calquera, terá que tomar a decisión máis importante da súa vida.
Víctor Díaz Somoza (Madrid, 27 de marzo de 1980). Desde moi novo descobre a súa vocación por contar historias. Con 18 anos marcha a Barcelona para estudar Dirección Cinematográfica no Centro de Estudos Cinematográficos de Catalunya, onde co-dirixirá a súa primeira curtametraxe en 16mm Sr. Metacarpo. Despois de rematar os seus estudos de dirección considera que a súa formación non é completa e decide seguir estudando. Matricúlase na especialidade de montaxe na ECAM e tres anos máis tarde obtén o seu título. Desde ese momento desempeñou traballos como montador, realizador e produtor en multitude de produtoras dando pé a gran cantidade de formatos. 5 millones é a súa segunda curtametraxe.