Ajami


Sección: 
Sección Oficial
Día e hora: 
Xoves, 30 Setembro, 2010 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castellano
Título Orixinal : 
Ajami
País: 
Israel - Alemaña
Ano: 
2009
Duración: 
120 minutos
Director/a: 
Scandar Copti, Yaron Shani
Guión: 
Scandar Copti, Yaron Shani
Montaxe: 
Scandar Copti, Yaron Shani
Música: 
Rabiah Buchari
Fotografía: 
Boaz Yehonatan Yacob
Reparto: 
Shahir Kabaha
Reparto: 
Ibrahim Frege
Reparto: 
Fouad Habash
Reparto: 
Ranin Karim
Reparto: 
Eran Naim
Outros datos de interés:

Nominada ao Oscar 2010 á Mellor Película Estranxeira.

Palmeira de Prata á Mellor Película. Mostra de Cine de Valencia 2009.

Premio Mellores Directores na Mostra de Cine de Valencia 2009.

Mención Especial Cámara de Ouro no Festival de Cine de Cannes 2009

Tráiler "Ajami":

Sinopsis:

Interesantísima colaboración entre dous directores debutantes na longametraxe, un xudeu israelí (Yaron Shani) e outro palestino (Scandar Copti). Esta combinación logra que o seu achegamento á situación dos cidadáns de Oriente Medio sexa bastante completa, poliédrica e imparcial. O título, Ajami, fai referencia a un dos máis perigosos barrios da cidade de Jaffa.

Nese lugar entrecrúzanse as peripecias de varios personaxes. Omar e o seu irmán pequeno, Nasri, son perseguidos por un clan beduíno, despois de que o seu tío disparase contra un dos seus membros. Estes malferiran xa ao seu tío e mataran por erro un veciño novo. Tras chegar a un acordo económico co vingativo clan, estes acceden acabar coa violencia a cambio dunha gran cantidade de diñeiro, que Omar se propón conseguir rapidamente. Mentres, Malek, traballador ilegal dun restaurante, tamén busca diñeiro para pagar a operación que necesita a súa nai, ingresada nun hospital. Por último, Dando, un policía israelí, sufriu un trauma pola desaparición do seu irmán, que servía no exército.

Os dous realizadores non se repartiron os personaxes, senón que escribiron e rodaron xuntos todas as secuencias. Rodada cun gran sentido do ritmo, mantén un alto nivel, e crea unha gran tensión en todo momento. Retratan a personaxes correntes, rodeados de criminais e mergullados nun clima de violencia, tratada con gran crueza e realismo, o que pode recordar a películas como a italiana Gomorra, e sobre todo á brasileira Ciudad de Dios, que definitivamente se converteu nun punto de referencia para o cine social.

Con secuencias de gran interese, como a fría negociación monetaria para acabar co enfrontamento, Ajami presenta unha realidade moito máis complexa ca un simple choque de relixións. A súa principal contribución é que explica o punto de vista dos diversos personaxes, polo que o espectador non toma partido por ningún deles. Destacan as espontáneas interpretacións de actores non profesionais, case todos debutantes, sacados do mesmo barrio onde transcorre a cinta.