Aldeia Velha á unha curtametraxe que trata sobre a beleza da paisaxe, dos pequenos xestos da vida cotiá de dúas persoas que aínda habitan unha aldea do interior de Galicia. É un recordo do seu traballo, do seu día a día, sobrevivindo no rural mantendo na memoria colectiva a maxia dunha aldea abandonada. Aldeia Velha é un filme que camiña entre a ficción e o documental. Protagonízano dúas persoas, unha aldea abandonada hai oitenta anos e a memoria dese lugar. Pero tamén é un filme que pretende ser un recordo para o futuro: porque se no presente non coñecemos o pasado, dificilmente poderemos cambiar o destino dun futuro baleiro.