Argumento: Jeff Arch
Produtor asociado: Delia Ephron, Jane Bartelme e James W. Skotchdopole.
Deseño de produción: Jeffrey Townsend.
Deseño de decorados: Charles Daboub Jr.
Decorados: Clay Griffith, Becky Weidner e Roberta Holinko
Unha moza xornalista a punto de casar decide investigar quén é o home -viúvo e cun fillo- que abriu o seu corazón nun consultorio sentimental da radio que ela escoita todas as noites. Obsesionada, viaxa ata Seattle en complicidade coa súa xefa para coñecer ao propietario desa voz que fixo cambalear os seus desexos de matrimonio.
Meg Ryan e Tom Hanks conformaron unha parella case perfecta e deron a luz unha das mellores e máis exitosas comedias románticas da década dos 90. Con alento a comedia clásica, pero moderna no seu argumento e na axilidade e graza dos seus diálogos, a obra é como unha homenaxe a Algo para recordar, filme protagonizado por Cary Grant e Deborah Kerr. De feito, a escena final transcorre –como na película de 1957– na terraza do edificio Empire State.
Sintonía de amor foi dirixida por Nora Ephron, que gañara recoñecemento como guionista de Cando Harry coñeceu a Sally, outra popular comedia romántica tamén protagonizada por Ryan.
En 1999, Hanks, Ryan e Ephron quixeron repetir a fórmula (e o éxito) con Tienes un e-mail, pero as críticas non foron tan favorables como con Sintonía de amor, aínda que o público favoreceu ao filme na recadación.