ANOTHER YEAR


Sección: 
O Mellor do Ano
Día e hora: 
Xoves, 20 Setembro, 2012 - 20:30
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
País: 
Reino Unido
Ano: 
2010
Duración: 
129 minutos
Género: 
Comedia dramática
Director/a: 
Mike Leigh.
Producción: 
Georgina Lowe
Guión: 
Mike Leigh.
Montaxe: 
Jon Gregory
Música: 
Gary Yershon
Fotografía: 
Dick Pope
Reparto: 
Jim Broadbent (Tom)
Reparto: 
Lesley Manville (Mary)
Reparto: 
Ruth Sheen (Gerri)
Reparto: 
David Bradley (Ronnie)
Reparto: 
Imelda Staunton (Janet)
Reparto: 
Karina Fernández (Katie)
Reparto: 
Oliver Maltman (Joe)
Reparto: 
Peter Wight (Ken)
Reparto: 
Martin Savage (Carl)
Reparto: 
Michele Austin (Tanya)
Reparto: 
Phil Davis (Jack)
Outros datos de interés:

Deseño de produción: Simon Beresford
Vestiario: Jacqueline Durran

 

Festival de Cannes. Selección Oficial. Competición.

Sinopsis:

Another year. Primavera, verán, outono e inverno. Familia e amizade. O amor e a tenrura. Alegría e tristeza. A esperanza e a desesperación. Compañeirismo. A soidade. Un nacemento. Unha morte. O tempo pasa... Gerri (Ruth Sheen), terapeuta, e Tom (Jim Broadbent), xeólogo, levan moitos anos felizmente casados, aínda que lles preocupa que o seu fillo Joe (Oliver Maltman), que é avogado, permaneza solteiro. Esta preocupación impídelles decatarse de ata qué punto María (Lesley Manville), unha compañeira de traballo de Gerri, depende da súa amizade.

O cine británico ten en Mike Leigh, Ken Loach e Stephen Frears a un tridente de ouro, especializados en crónicas case sempre contemporáneas dunha sociedade que mira ao presente con ira e ao futuro con medo. Loach é o máis político e Frears o máis infiel, mentres que Leigh non parou no seu empeño de retratar á clase media e baixa. Sen a dureza de antano, pero non esquezamos que súa é tamén El secreto de Vera Drake, e diso non hai tantos anos.

Dividida nas catro estacións do ano (recurso fácil pero efectivo), Another Year está presidida polo matrimonio formado por Broadbent e Sheen, cuxa envexable estabilidade e felicidade atrae a perdedores e infelices como o máis poderoso imán. Ata o seu fogar chegan unha serie de personaxes en busca de algo indefinible: quizais a calma, quizais o secreto de vivir, que diría Capra; quizais as fortes raíces da árbore da vida, que diría Malick. Ao contrario doutros títulos anteriores do cineasta, trátase dun Leigh sorrinte, optimista, que ofrece unha saída ata aos máis desesperados. Unha historia sombría “ma non troppo”, sempre en busca da luz, sexa cal sexa a estación na que nos atopemos.