Curiosa co-produción hispano-norteamericana, na que participou o ubicuo Roger Corman. A mítica do castelo embruxado constitúe o pretexto dunha historia discretamente orixinal, desenvolvida con certa pericia pero con escasas dotes imaxinativas. Posúe unha factura aparente, con algún momento logrado, pero unha nula capacidade para inquietar.