BICICLETA, CUCHARA, MANZANA


Sección: 
Galas da Semana: Especial Daniel Soul e Alzheimer
Día e hora: 
Domingo, 18 Setembro, 2011 - 20:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Título Orixinal : 
Bicicleta, cullera, poma
País: 
España
Ano: 
2010
Duración: 
105 minutos
Género: 
Documental
Director/a: 
Carles Bosch
Guión: 
Carles Bosch
Montaxe: 
Ernest Basi e Carlos Prieto
Música: 
Joseph Sanou
Fotografía: 
Carles Mestres
Reparto: 
Pasqual Maragall
Reparto: 
Airy Maragall
Reparto: 
Cristina Maragall
Reparto: 
Ernest Maragall
Reparto: 
Guim Maragall
Outros datos de interés:

Presentouse na sección oficial do Festival de Cine de San Sebastián 2010 fóra de concurso.

Goya á mellor película documental.

Premio José María Forqué á mellor película documental do ano.

Premio Gaudí á mellor película documental do ano.

Sinopsis:

En outono de 2007 a Pasqual Maragall diagnostícaselle Alzheimer. Superado o golpe inicial, el e a súa familia inician unha cruzada contra a enfermidade e, desde o primeiro paso, esta película convértese en testemuño de excepción. Con intelixencia, sinceridade e bo humor, Maragall déixase retratar xunto á súa familia e ós médicos para deixar constancia do día a día da súa loita persoal. Dous anos de seguimento a un paciente excepcional disposto a que os científicos encontren curación antes de que a cifra de 26 millóns de enfermos no mundo se multiplique por dez. Unha película dura pero optimista a pesar de todo.

Dirixe Carles Bosch, cineasta e xornalista, na que é a súa terceira longametraxe tras Balseros (2002), candidata ao Óscar ao mellor documental, e Septiembres (2007). É cineasta e xornalista. Estudou Dereito na Universidade de Barcelona e posteriormente graduouse en Xornalismo na Escola Oficial de Xornalistas da mesma cidade. Iniciou a súa actividade profesional como reporteiro da revista Interviú para pasar, anos máis tarde, a traballar en TV3 como un dos principais reporteiros do programa 30 minuts. Alí cubriu algúns dos acontecementos internacionais de maior transcendencia, como a Primeira Guerra do Golfo, as guerras de Bosnia e Kosovo, así como a Revolución Zapatista. A súa actividade neste programa como reporteiro de guerra valeulle un premio Ondas Internacional pola reportaxe Checoslovaquia: en el corazón de la revuelta. Tamén rodou a serie documental de cinco capítulos Historias del Caribe.