Presentouse no Festival de Cine Español de Málaga, onde se converteu na outra gran triunfadora ao obter o premio especial do xurado, o de mellor actor para Unax Ugalde, o de mellor guión para o propio Pinillos, Juan Carlos Rubio e Paco Cabezas, e unha mención especial á actriz alemá Nora Tschirner.
Daniel, un mozo e ambicioso xefe de cociña español, acaba de conseguir o seu soño: unha praza no prestixioso restaurante de Thomas Wackerle en Zürich. O seu extraordinario talento serviralle a Daniel para progresar na esixente cociña de Wackerle, pero non poderá evitar que a súa relación con Hanna, a atractiva catadora do restaurante, se transforme en algo máis ca unha simple amizade. Esta inesperada situación volverá do revés o ordenado mundo de Daniel e faralle considerar unha difícil cuestión: Merece a pena arriscar a súa carreira profesional polo amor?.
É a primeira longametraxe dirixida por David Pinillos (Segovia, 1974), director e guionista da curtametraxe Dolly e montador de películas como Gordos, La Vergüenza, 8 citas ou El Juego de la verdad.