2011: 5 Premios David di Donatello, incluíndo mellor película e director. 8 seleccións.
2012: Festival de Berlín: Oso de Oro á mellor película.
2012: Premios do Cine Europeo: 4 seleccións, incluíndo as de mellor película e director
2012: Satellite Awards: Seleccionada na categoría de Mellor película estranxeira
O director do cárcere e un director de teatro diríxense aos presos para falarlles dun novo proxecto, a posta en escena da obra Julio César no cárcere. O primeiro paso é o reparto. O segundo, o estudo do texto. O idioma universal de Shakespeare axuda aos presos a identificarse cos personaxes. É un camiño largo, difícil, cheo de ansiedade e de esperanza. Estes adoitan ser os sentimentos que invaden aos presos nas súas celas, despois dos ensaios.
Quen é Giovanni, o home que encarna a César? E quen é Salvatore, convertido en Bruto? Que fixeron para estar condenados no cárcere? A película non intenta esconder os seus crimes.