Deseño de produción: Tamara Conboy.
Vestiario: Brenda Broer.
2009: Festival de Toronto: Mellor película canadense.
Cairo time relata a breve e inesperada historia de amor dunha muller casada, Juliette (Patricia Clarkson), editora dunha revista de moda, que viaxa ao Cairo para reunirse co seu marido e pasar unhas vacacións de tres semanas. Sen embargo, ante a imposibilidade de estar con ela por motivos de traballo, o seu marido Mark (Tom McCamus) envía ao seu amigo de confianza, Tareq (Alexander Siddig), para facerlle compaña.
Tareq guíaa a través dos lugares, sons e costumes únicos da cidade exipcia e xorden sentimentos inesperados que conducen, por sorpresa, a un espertar da emoción en Juliette.