CARLA


Sección: 
Curtas Sección Oficial
Día e hora: 
Martes, 18 Setembro, 2012 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Director/a: 
Kiko e Javier Prada.
Reparto: 
Judith Viloria
Reparto: 
Frank Braña
Reparto: 
Suso Lista
Reparto: 
Marino Franco
Reparto: 
J. Prada
Sinopsis:

Os irmáns Prada actualizan o conto de Carapuchiña Vermella, presentándonos a historia dunha Carapuchiña moderna que deberá enfrontarse aos seus propios lobos.

Os irmáns Kiko e Javi Prada, que adoitan asinar os seus traballos como os Irmáns Prada, son dous mozos curtametraxistas que teñen sempre as ideas moi claras sobre o que nos queren contar nas curtametraxes que escriben e dirixen. Amantes do xénero fantástico, enfocaron a mayor parte dos seus traballos cara este xénero, regalándonos aos espectadores pequenas -pero valiosas- pezas como Anorexia, unha visión que denuncia e nos alerta dunha forma moi original sobre os perigos deste enfermidade.

Seus son tamén traballos como Humanos con patatas, unha pequena peza que está por converterse nun dos clásicos actuai das curtas de terror en España, na que uns primeirizos Prada deron mostras de todo o talento que teñen. O seu talento e imaxinación estálles permitindo ser moi prolíficos e cada pouco tempo estánnos regalando aos seus seguidores unha nova curtametraxe.

A súa filmografía, aparte de todo, conta cunha característica que fai que calquera amante das boas curtametraxes valore con bastante estima cada un dos seus traballos. Porque se de algo fan gala os irmáns Prada é do coidado que poñen en todas e cada unha das partes técnicas das súas obras. Todas elas rezuman cinematografía en cada un dos seus fotogramas, cada plano está pulido ata o maís mínimo detalle e non escatiman medios ou esforzos para que as súas producións entren polos ollos aos espectadores como as boas películas de curta duración que son.