Reflexión sobre a situación dos valores do mundo rural galego a través da traxectoria vital dun artesán, Toño do Val, que escolle o modelo de vida tradicional como alternativa ao sistema. Cestear é tecer e entrelazar moi diferentes vivencias, loitas, inquedanzas, estudos e relación persoais que conformaron unha existencia presidida por principios, para el incuestionables, como a rebeldía, a liberdade e o profundo amor pola súa terra.