Conseguiu o premio á mellor actriz no Festival de Cine de Cannes.
Conseguiu a Espiga de Ouro á mellor película na Semana Internacional de Cine de Valladolid.
É a historia do encontro entre un home e unha muller nun pequeno pobo italiano do sur da Toscana. El é un escritor inglés que acaba de dar una conferencia, ela é unha galerista francesa. Trátase dunha historia universal, que podería sucederlle a calquera, en calquera lugar.
Dirixe Abbas Kiarostami (Teherán, Irán, 1940), que desde pequeno demostrou ter talento para o debuxo, e aos 18 anos inscribiuse nun concurso de arte gráfica e gañou. Estudou na Escola de Belas Artes de Teherán mentres gañaba a vida como deseñador gráfico, ilustrador de carteis e director de anuncios publicitarios. En 1969 fundou a sección de cine do Instituto para o Desenvolvemento Intelectual de Nenos & Adultos Mozos, onde dirixiu as súas primeiras curtametraxes.
En 2001, Kiarostami namorouse dunha pequena cámara e desde entón só traballa en formato dixital. Esta “cámara-bolígrafo” deulle máis liberdade e con ela dirixiu varias películas sobre a natureza de diferente duración. A súa filmografía complétase con El pan y la calle (Nan va koutcheh, 1970), El recreo (Zang-e tafrih, 1972), La experiencia (Tadjrobeh, 1973), El viajero (Mossafer, 1974), Yo también puedo (Man han mitounam, 1975), Dos soluciones para un problema (Dow rahe hal baraye yek massaleh, 1975), El vestido de novia (Lebassi baraye aroussi, 1976), Los colores (Rang ha, 1976), El informe (Gazarech, 1977), Caso nº 1, caso nº 2 (Ghazich-ye shekl-e aval, Ghazieh-e shekl-e dovom, 1979), Solución nº 1 (Rah-e hal-e vek, 1978), Higiene dental (Behdasht-e Dandan, 1980), Con orden o sin orden (Be tartib va bedoun-e tartib, 1981), El coro (Hamgarayan, 1982), Alumnos de primer curso (Avali ha, 1984), ¿Dónde está la casa de mi amigo? (Kaneh-ye doust kojast?, 1987), Primer plano (Nema-ye Nazdik, 1990), La vida continúa (Zendegi edamé dàrad, 1992), El sabor de las cerezas (Zir-e derkhtan-e zeytoun, 1996), El viento nos llevará (Basad ma ra khahad bord, 1999), ABC África (2001), Ten (2002), 10 to ten (2004), Five (2004) e Shirin (2008).
É a primeira película de Kiarostami fóra de Irán, o seu país de orixe.