EINSTEIN-ROSE
España, 2016 - 9 minutos
Director. Olga Osorio
Verán do 82. Teo asegura que encontrou un buraco de verme. O seu irmán Óscar non o cre … Polo menos de momento.
IREI A DARBO
España, 2016 -16 minutos
Director: Borja Brun
Seis historias fían a recreación dunha romaría de inicios do século XX.
SIBILA
España, 2017 - 8 minutos
Director: Carla Andrade
(Baseado en "El Caballero" de Álvaro Cunqueiro) Sibila deixa Constantinopla por Naraío onde vai morrer de consunción melancólica debido ao mal de amor producido polo seu irmán xemelgo Silván.
ACIAGA
España, 2016 - 10 minutos
Director: Marcos J. Fernández
Unha muller de mediana idade intenta suicidarse pero aparece na historia alguén que llo impedirá.
HERMETISMOS
España, 2016. 7 minutos.
Fundación TIC.
Director: Antonio Lence.
Liam atópase no auditorio, só, envolto nos seus pensamentos. Aparece Laura, unha rapaza peculiar que sae do escenario e manteñen unha conversación estraña, na que ela lle fai saber que quere ser a súa noiva. Cando Liam se declara, decátase de que todo o vivido anteriormente era froito da súa imaxinación e Aura tan só é a dependenta dunha tenda de mobles na que se quedara durmido.
AREA
España, 2017 - 11 minutos
Director: Anxos Fazáns
Máis aló da narración dunha despedida, Area fala do proceso creativo desde un punto de vista de quen escribe. Penetra na mente do escritor que utiliza a ficción para autodescubrirse nas súas palabras.
1948-2016.UN FINAL PARA EMPEZAR
España, 2016 - 25 minutos
Directora: Carmen PG Granxeiro
As follas dun diario escrito en 1948 levan á autora a emprender uns meses de reflexión persoal e compartida. As palabras que unha muller lle dirixe a outra acaban por transformarse nunha historia en torno ao amor, a visibilidade.
SEN PALABRAS
España, 2016 - 9 minutos
Director: Sebastián Quirós Ascariz
Una rapaza pretende celebrar o seu aniversario dunha maneira especial.
LA BRECHA
España, 2016 - 7 minutos
Director: Daniel Suárez Rubini
Un estraño aletexo comeza a escoitarse no ambiente.
ASASINO
España, 2017 - 5 minutos
Director: Andrés Haensel
Premio Fin de Curta II
Cinco amigos celebran unha festa nunha vella casa familiar. O que non saben é que o inocente xogo do asasino lles descubrirá a un asasino real.
ZOMBIRAXE
España, 2017 - 5 minutos
Director: Iago de Sant
Premio Fin de Curta II
Unha ollada zombi entre o social e a comedia feita en 62 horas. A arqueoloxía era o único que lle enchía o ollo, mais unha nova chamada viral fará que muden as cousas. Onde se vira para a carnicería?
MADRE Y MAESTRA
España, 2017 - 25 minutos
Directores: Caamaño Castro e Serafín R. Trashorras
Houbo un tempo no que algunhas mulleres souberon escoller un camiño, porque a súa vocación foi máis forte cas circunstancias da vida, as ganas e a ilusión derrotaron á adversidade e fixeron da súa vida unha alegación á ensinanza, no máis amplo sentido da palabra.
Trátase dunha visión próxima da vida de Cristina Trashorras Cendán, unha profesora que viviu a posguerra civil e a chegada á democracia, desde as súas aulas, os seus alumnos e os seus compañeiros.