1987: seleccionada para os Oscar nas categorías de mellor guión orixinal e mellor dirección artística.
Son os años 40, a era dourada da radio, e os peculiares membros dunha familia traballadora de Nova York viven co receptor permanentemente acendido. A música, os seriais lacrimóxenos, as historias de superheroes, os concursos, as crónicas da alta sociedade e as lendas sobre estrelas deportivas sérvenlles para ser un pouco menos infelices e engarzan un anecdotario nostálxico dunha época irrepetible.