DELICIOSA MARTA


Sección: 
Y, PARA COMER LUGO... Cine e Gastronomía
Día e hora: 
Luns, 19 Setembro, 2011 - 20:00
Lugar: 
Biblioteca Provincial
Título Orixinal : 
Drei Sterne
País: 
Alemaña-Austria-Italia-Suíza
Ano: 
2001
Duración: 
105 minutos
Género: 
Comedia
Director/a: 
Sandra Nettelbeck
Guión: 
Sandra Nettelbeck
Montaxe: 
Mona Brauer
Música: 
David Darling, Keith Jarret e Arvo Part
Fotografía: 
Michael Berti
Reparto: 
Martina Gedeck
Reparto: 
Sergio Castellitto
Reparto: 
Maxime Foerste
Reparto: 
August Zirner
Reparto: 
Ulrico Thomsen
Outros datos de interés:

Conseguiu o premio do público na Mostra de Cine de Valencia 2001.

Candidata ao Goya 2002 á mellor película europea.

Sinopsis:

Martha, unha encantadora cociñeira apaixonada pola súa profesión, realiza verdadeiras obras de arte culinarias nun pequeno restaurante de Hamburgo. Aínda así, a súa vida é bastante monótona. Martha é introvertida, non ten practicamente vida social e vive unicamente para o seu traballo. Pero a súa vida cambiará de repente cando a súa irmá, unha solteira que vivía soa coa súa filla de oito anos, morre nun accidente. Martha faise cargo de Lina, a súa sobriña, que sofre moito pola morte da súa nai. Só a presenza de Mario, un compañeiro italiano de Martha, poñerá un pouco de alegría e de pasta nas súas vidas. Mario pasa de ser un rival a un bo amigo. Pero un día o pai de Lina, ao que Martha intentara localizar, aparece na súa porta. Quere levar á súa filla a Italia e Martha ten que tomar unha decisión.

Está escrita e dirixida pola alemá Sandra Nettelbeck (1966), cineasta procedente da televisión onde foi premiada pola súa produción Mammamia.