Deseño de produción: Marta Maffucci.
Vestiario: Franceca Vecchi e Roberta Vecchi.
Distribuidora en España: Vértigo Films.
2012: Seminci de Valladolid: Premio do Público.
2012: Festival de Cine Europeo de Sevilla (Mellor actriz)
2012: Festival de Cannes-Premio Especial do Xurado (Unha certa mirada)
En 2001, o último día da reunión do G8 en Xénova, xusto antes de medianoite, máis de 300 policías asaltaron a escola Diaz buscando manifestantes. Dentro da escola encontrábanse 90 activistas, a maioría estudantes europeos, e un grupo de xornalistas estranxeiros, todos eles preparándose para pasar alí a noite. Cando a policía irrumpiu, os mozos manifestantes levantaron as mans en sinal de rendición. Os oficiais descargaron unha violencia calculada e frenética, golpeando indiscriminadamente a mozos e maiores, homes e mulleres. Diaz, no limpiéis esta sangre reconstrúe os feitos deses terribles días desde o punto de vista da policía, os manifestantes, as vítimas e os xornalistas que se viron atrapados na traxedia.