Donde mueren las palabras


Sección: 
Enrique Muiño
Día e hora: 
Venres, 1 Outubro, 2010 - 20:00
Lugar: 
Deputación Provincial
Título Orixinal : 
Donde mueren las palabras
País: 
Arxentina
Ano: 
1946
Duración: 
75 minutos
Director/a: 
Hugo Fregonese
Guión: 
Ulises Petit de Murat, Homero Manzi
Montaxe: 
Atilio Rinaldi
Música: 
Juan José Castro
Fotografía: 
José María Beltrán
Reparto: 
Enrique Muíño
Reparto: 
Dario Garzay
Reparto: 
Héctor Méndez
Reparto: 
Linda Morena
Reparto: 
Aurelia Ferrer
Reparto: 
Pablo Cumo
Outros datos de interés:

V.O. con subtítulos en galego

Sinopsis:

Podemos considerar esta película como a última boa que produciu Artistas Argentinos Asociados, antes de afastarse dos seus obxectivos de producir películas de contido cultural.

Novamente interpretada por Enrique Muíño nun dos roles protagónicos, pero a diferenza do habitual, este filme dirixiuno Hugo Fregonese, un debutante director que se formara sendo asistente de dirección nos estudios Pampa Film e despois pasou xunto a Lucas Demare en La guerra gaucha e Su mejor alumno.

O guión foi unha inspiración de Homero Manzi. Unha noite, despois de ver un espectáculo de monicreques, soñou co argumento, que á mañá seguinte foi ditando á criada mentres almorzaba, só dúas páxinas que despois serviron como base. Esta película ten similitudes con El fantasma de la ópera, tanto polo argumento como polo uso de música clásica, neste caso, do xenial Beethoven.

Daquela comezaba a escasear o negativo virxe na Arxentina a causa do distanciamento comercial con EE UU. Isto mostra que o filme se realizou con varias presións. Hai varias anécdotas detrás de bambolinas, unha que foi singular é que a comezos da rodaxe, Demare, que ademais de produtor actuaba a modo de supervisor, quixo impoñer o seu punto de vista, querendo captar a condución da dirección. Para sorpresa de todos, Fregonese non tolerou esta actitude e despois dalgún encontrón e ata unha pelexa con berros, Demare soubo ocupar o seu lugar de produtor e deixou máis liberdade ao principiante, que abraiou co seu traballo.

Tamén a presenza dun actor tan mañoso coma Muíño, coa súa personalidade tan egocéntrica, presentouse coma un desafío ao director, pero soubo superalo.

A excelente coreografía estivo a cargo da austríaca Margarita Wallmann, que estivera traballando anteriormente no famoso teatro Colón, o que demostra que buscaron o mellor co que se podía contar.

A película foi ovacionada pola crítica, tanto nacional como internacional. Anos máis tarde, os estudios Metro Goldwyn Mayer compraron os dereitos ao mesmo custo que demandou realizar o filme en Arxentina. Pero a obra ianqui non luciu como a arxentina, parece que as carencias e necesidades levaron a que o equipo arxentino se esforzara máis e soubera aproveitar a creatividade.