John John é un pequeno dragón que foi adoptado por unha familia de cóndores que vivía nunha illa do lago Titicaca. A pesar de que os seus pais o criaban coma a un fillo máis, o pequeno John sabía no fondo que non era da súa especie. Atormentado por saber quén é, o pequeno emprende unha viaxe para atopar a súa verdadeira identidade e destino.
Dirixe Eduardo Schuldt, cuxa filmografía inclúe Piratas en el Callao (2005) e El delfín: la historia de un soñador (2009). O guión é de Giovanna Pollarolo (Mariposa negra, No se lo digas a nadie, Pantaleón y las visitadoras e Tinta roja) e Enrique Moncloa (No se lo digas a nadie e Pantaleón y las visitadoras), e baséase no libro de Hernán Garrido Lecca.