Lugar de rodaxe: Ourense, Lugo, Palencia, Burgos, Valladolid, Madrid, La Habana e Lisboa
"Queicoa”, significa en Barallete, a lingua dos afiladores; Deus, heroe, loitador, ser grande, mítico. Desde hai máis de tres séculos ata os nosos días, aos vellos afiadores de moita fama, moitos camiños e miles de quilómetros ás súas espaldas, chámanlles “Queicoas”. Eran homes bravos, duros, curtidos de traballar nos campos dunha das zonas máis pobres de Europa. Por iso as montañas galaicas escupíanos ao mundo en viaxe a ningunha parte e coa única compañía do xirar dunha roda. Se camiñaban, soñaban. Se afiaban, vivían. Se paraban, perecían. Esta é a súa historia e estes son os seus rostros...