EL EQUIPO TIGRE: LA MONTAÑA DE LOS MIL DRAGONES


Sección: 
Sección infantil
Día e hora: 
Luns, 19 Setembro, 2011 - 18:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Título Orixinal : 
Tigre Team - Der Berg der 1000 Drachen.
País: 
Alemania-Austria-Suiza
Ano: 
2010
Duración: 
89 minutos
Género: 
Aventuras
Director/a: 
Meter Gersina
Guión: 
Thomas V. Brezina e Meter Gersina
Montaxe: 
Ingrid Koller
Música: 
Andrej Melita
Fotografía: 
Carsten Thiele
Reparto: 
Helena Siegmund-Schutze
Reparto: 
Bruno Leon Schubert
Reparto: 
Justus Kammerer
Reparto: 
Iris Berben
Reparto: 
Stipe Erceg
Sinopsis:

Adaptación ao cine das peripecias dos protagonistas da saga creada polo escritor austríaco Thomas Brezina. Bigi, Luky e Patrick son tres nenos que forman o Equipo Tigre, un grupo de detectives encargados de resolver todo tipo de misterios. Xuntos viaxarán a China para reunir, coa axuda do ancián Cheng, tres ancestrais chaves dun templo que supostamente garda no seu interior un elixir que outorga a inmortalidade a quen o beba. Pero ségueos de cerca a señora Q, unha muller sen escrúpulos, capaz de calquera cousa con tal de conseguir antes ca ninguén o elixir e vivir para sempre.

O austríaco Peter Gersina, pouco coñecido fóra do seu país onde rodou series e películas, toma como modelo as películas alemás infantís como Las Fieras Fútbol Club e as súas secuelas. A súa cinta está claramente dirixida ao público miúdo, que o pasará ben coas súas boas doses de aventura, acción e enigmas. Ademais, introduce algunha pequena reflexión sobre a preservación da natureza e o traballo en equipo. Tamén esperta o interese por China, a súa cultura e as súas lendas, e tamén polos osos Panda.